Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de xullo

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

16.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de recoñecemento aos/ás estudantes que acadaron os mellores expedientes dos centros de ensino medio de Galicia.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Figurando lembranzas", comisariada por Mercedes Rozas.

20.00 h
Na praza das Praterías, "Unha noite de amor con Lela", concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

Compartir: