Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de xullo

9.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, dá a benvida aos participantes na reunión do Proxecto EURE, organizada polo Eixo Atlántico. (SÓ GRÁFICOS).
Ás 10.30 h, na Sala de Prensa, ROLDA DE PRENSA do alcalde e dos representantes do proxecto para dar conta da xuntanza.

11.00 h
Na Casa do Cabido (praza das Praterías), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A paisaxe e a súa pegada I". Tamén asisten: Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz, fotógrafos participantes nesta exposición; Mercedes Rozas, comisaria da exposición; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de Exposicións do Consorcio.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e co director-xerente, Pedro Otero Espinar. SÓ GRÁFICOS.

13.00 h
No Colexio de San Xerome, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co reitor da USC, Antonio López. Declaracións ao comezo.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, inaugura a exposición do Undécimo Premio Auditorio de Galicia para Novos artistas 2019. Na inauguración da mostra, que recolle obra de 35 artistas seleccionados, daranse a coñecer os tres premiados do certame. Participan tamén o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; e o xurado do Premio.

20.00 h
Na Praza das Praterías, ‘Cantares Ibéricos: Fado e outros cantares’, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño e co cantante Juan Santamaría.

20.15 h
No Paraninfo da USC, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do plan estratéxico e posta en valor da ourivaría de Santiago.

Compartir: