Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de febreiro

10.45 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o programa do Entroido 2019. Na rolda tamén estará o creador do Meco, José Manuel Méndez.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar "Mulleres mudando a balanza. Encontro profesional con empresarias, emprendedoras e profesionais galegas", dentro do programa do 8M.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á entrega dos Premios 8M.

12.00 h
No Polígono da Costa Vella (rúa Polonia, 4), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do novo espazo de Leroy Merlin dedicado ao xardín.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, para presentar o proxecto de reurbanización da rúa Clara Campoamor.

17.00 h
Itinerario Rosaliano en Compostela
En colaboración coa AC O Galo paseo guiado pola xeografía rosaliana de Compostela.
Punto de partida: praza de Vigo (monolito a Rosalía de Castro). 30 prazas.
Inscrición a partir do 11 de febreiro no mail: teatroprincipal@santiagodecompostela.gal

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro "As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX". Tamén estarán Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Carlos Castelao, autor do libro; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; Henrique Alvarellos, director da editorial Alvarellos.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea de "Carpe Diem", de Producións Teatrais Excéntricas, que celebra con esta obra o 15 aniversario da compañía, dentro da programación de Compostela Cultura Artes Escénicas. Ao remate da representación, #posfuncion con membros da compañía e o público.

Compartir: