Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de febreiro

10.00 h
No CEIP López Ferreiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto didáctico da Escola Municipal de Música.

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "Gaia", dentro de Compostela Cultura Didácticos.

10.45 h
No barrio das Fontiñas, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández e a directora do Centro de Institucións de CaixaBank en Galicia, María Jesús García Piñeiro, visitan os pisos municipais que foron acondicionados no barrio e que se destinarán a familias en risco de exclusión social. Punto de encontro: praza de Sofía.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: