Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 25 de xaneiro

FITUR
10.00 h
No stand de Castela A Mancha, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á reunión de alcaldes das Cidades Patrimonio.
11.30 h
No stand de Turespaña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do Plan de Acción 2019 con Turespaña e a Secretaría de Estado de Turismo.
12.15 h
No stand de Paradores, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do Plan de Acción Cidades Patrimonio con Paradores.
13.00 h
No stand de Iberia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina o convenio Cidades Patrimonio con Iberia.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "De tradición…", concerto didáctico da Banda Municipal de Música narrado por Suso Vaamonde.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Centro Cívico das Fontiñas, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, participa no acto "Fraguando a diversidade: Fontiñas somos todos".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

17.00 h
No Palacio de Congresos, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á inauguración da VI Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste presenta "Da avaricia, a luxuria e a morte", de Valle-Inclán, dirixida por Eduardo Alonso. Dentro da programación de Compostela Cultura Escénicas.

Compartir: