Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Nun recuncho de ningures", que reúne obras do artista Salvador García-Bodaño Pereira. No acto participarán, ademais do propio autor, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.

11.45 h
No escenario do Teatro Principal, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presenta a programación de Artes Escénicas 2019 de Compostela Cultura xunto ao director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López. Participan tamén Quico Cadaval, de Producións Teatrais Excéntricas; Guillermo Carbajo, de Redrum Teatro; Marta Pazos, de Voadora, e Isabel Rei, de Os Monicreques de Kukas, compañías que estrean obra dentro desta programación.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 20 de decembro de 2018, núm 19 e á sesión extraordinaria do día 29 de decembro de 2018, núm 20.
2- Toma de posesión do cargo de concelleiro de don Antón Barba Pereira (PSdG-PSOE).
3- Aprobación definitiva do Estudo de detalle da parcela 2 do quinteiro 18096 do parque empresarial da Sionlla. Rúa de Murcia, número 5.
4- Aprobación definitiva do Estudo de detalle para a rehabilitación integral dos grupos de vivendas Cardenal Quiroga Palacios e Compostela, no barrio de Ponte Pedriña.
5- Aprobación definitiva da Modificación puntual do catálogo do PXOM:
Corrección de erros na ficha D-061 (Casa Lavacolla). Creación das fichas D-061 (a), D-062 (b-c) e D-061 (d)
6- Proposición do grupo municipal Popular, sobre a urxente definición dunha alternativa viable para a NOVA EDAR de Santiago e a garantía para o seu financiamento, de data 08 de xaneiro de 2019, numero de rexistro 08.
7- Proposición do grupo municipal do BNG, para reiterar a necesidade de crear un plan para substituír as tubaxes con amianto da rede de abastecemento de augas, de data 08 de xaneiro de 2019, numero de rexistro 12.
8- Proposición do grupo municipal do PSdG-PSOE, relativa ao cumprimento do pacto social contra a pobreza, de data 08 de xaneiro, numero de rexistro 2.
9- Dar conta das resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.

Compartir: