Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de novembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a actividade "Boas Noites", xurdida dos Orzamentos Participativos.

13.00 h
En Madrid, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnense co director xeral da Función Pública, Javier Rueda.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do 4º ciclo da Universidade de La Laguna.

17.00 h
Na UMAD, Consello Municipal de Saúde.

Compartir: