Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 5 de novembro

9.30 h
En Madrid (Paseo de la Castellana, 67), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, José Javier Izquierdo Ronsero. Ás 16.30 h reúnese coa presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera. (C/Sor Ángela de la Cruz, 3).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta María Rozas e das deputadas de En Marea Luca Chao e Flora Miranda sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a campaña "En negro contra as violencias".

16.00 h
No Palacio de Congresos, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da I Conferencia Internacional Mulleres da Pesca.

Compartir: