Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde, Martiño Noriega, recibe a consul xeral de Cuba, Yahima Martínez Millán.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto de hortas urbanas da rúa Campo das Hortas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
En Numax, Ana Domínguez presenta o seu filme "Os fillos da vide", dentro de Cineuropa. Haberá un coloquio ao remate.

20.00 h
No Museo das Peregrinacións, charla sobre a situación do Sáhara Occidental, organizada por Cineuropa con motivo da estrea de "Hamada", de Eloy Domínguez. Coa participación de Manolo Rivas, Sid Ahmed Salec, Mohamed Zerga e Maite Isla, moderada polo propio Eloy Domínguez.

Compartir: