Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de novembro

9.30 h
No Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da IV edición de Maker Faire Galicia.

11.00 h
Na praza do Obradoiro, lectura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día internacional contra as violencias machistas, a cargo de 9 estudantes de IES de Santiago de Compostela, Val do Dubra e Teo e unha intérprete de lingua xestual da Asociación de Persoas Xordas de Santiago

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da primeira tenente de alcalde de Santiago, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.30 h
No IES Rosalía de Castro, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da exposición sobre o 25N.

16.00 h
No Cersia, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á inauguración do II Foro de Esclerose Múltiple.

16.30 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa no acto de presentación do proxecto "Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019)".

Compartir: