Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de novembro

9.45 h
No Auditorio do Consello da Cultura Galega, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste á inauguración do XVI Simposio "O libro e a lectura", organizado pola Asociación Galega de Editoras.

11.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, Xornada SMARTIAGO: presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado.
Intervencións:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.
- Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
- Ángeles Heras Caballero, secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
- Presentación do Proxecto Smartiago a cargo de Sindo Guinarte Cabada, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No CSC de Enfesta, proxección dos vídeos realizados nos obradoiros Rural en Igualdade, con motivo dos actividades celebradas no marco do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Compartir: