Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 8 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano. Na rolda tamén estarán Isabel Suárez Carballo e Lorena Moreno Jiménez, da Fundación Secretariado Xitano.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Salvador Domato.

16.00 h
Na Coruña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á toma de posesión do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

17.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, que asinará no Libro de Ouro da Cidade. Asisten o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o secretario xeral de Axenda Urbana e Vivenda, David Lucas. Ás 18.00 h, sinatura do protocolo xeral de actuación para a Axenda Urbana de Santiago de Compostela.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal. Os medios que queiran acudir de forma presencial terán que comunicalo previamente ao departamento de prensa. Por cuestións de aforo poderá limitarse a asistencia presencial.

Compartir: