Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o roteiro de Valle-Inclán en Compostela. Na rolda tamén estarán Xaquín del Valle-Inclán, investigador e neto do literato; Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán; e Pilar Sampedro, do Ateneo de Santiago).
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
En Santa Marta (rúa de María Casares), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presenta RECICLOS, o Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) que premia o compromiso da cidadanía coa reciclaxe e o medioambiente ofrecendo incentivos sostibles e sociais pola reciclaxe de latas e botellas de plástico de bebidas. Asisten: Sagrario Pérez Castellanos, directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia; Ángel Hervella, director de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes; e Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente, Parques e Xardíns. Ubicación:
https://maps.google.com/?q=42.8684103,-8.5583097&hl=es&gl=es&entry=gps&lucs=swa

Compartir: