Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 8 de setembro

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Confederación de ANPAS galegas. Declaracións ao remate (enviarase audio).

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar Delas Fest, festival feminista de arte urbana e contextual. Na rolda tamén estarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a comisaria do festival, Clara R. Cordeiro; e a artista encargada da intervención mural no Concello, Xoana Almar.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenios de colaboración coas entidades sociais AGADEA, FUNDACIÓN MONTE DO GOZO – PROXECTO HOME e DON BOSCO.

Compartir: