Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 15 de setembro

10.00 h
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, inaugura a esposición fotográfica 'Tecedoras do cambio', que pon en marcha a V edición de Compostela + Solidaria, organizada pola Coordinadora Galega de ONGD e o Concello. Tamén estarán María Paz, voceira da Coordinadora, e Vanessa Alvite, vicepresidenta da Asociación Comercio Punto Compostela.
Punto de encontro: establecemento Ámboa, na rúa da Acibechería. A continuación farán un pequeno percorrido por algúns dos comercios que participan na exposición. Declaración ao remate diante da libraría Couceiro. Enviarase audio.

11.00 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xuntanza telemática do Foro Cívico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o Ciclo de Lied. Na rolda tamén estará Xosé Luis Penas, deputado provincial de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña; e José María Miranda, secretario de Amigos da Ópera.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

Compartir: