Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de xuño

12.30 h
No Paseo dos Leóns, o alcalde de Santiago, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, inaugura a exposición "Mira con outros ollos", organizada pola UAMI (Unidade municipal de Atención ás Migracións) e a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, con motivo do Día mundial das Persoas Refuxiadas.

13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con representantes de FERUSA, a Federación de asociacións do rural de Santiago.

17.00 h
No salón de actos da Facultade de Medicina, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Ensino Medio.

18.00 h
No CSC de Conxo, o concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, asiste ao acto de entrega dun agasallo á nena gañadora do concurso de carteis de Vive o verán 2021.

19.30 h
No salón de actos do Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro ‘Pasín: historia dunha resistencia’, editado por Alvarellos Editora.

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música con motivo do Día Mundial dos Refuxiados.

Compartir: