Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 1 de xuño

11.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na ROLDA DE PRENSA online de presentación da sétima edición de Maker Faire Galicia. Na rolda tamén estarán: Marcos Saavedra, organizador da feira; Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD; Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura; José Luis Mira Lema, secretario xeral de Educación e Formación Profesional:
NOTA: a rolda poderá seguirse neste enlace: https://zoom.us/j/96160240390

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para dar conta do proxecto de pacificación do tráfico na Costa de San Marcos.
NOTA: retransmitirse por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición Lado, unha saga de ourives composteláns.

13.00 h
Na Casa do Concello, acto de entrega do I Premio Plataforma La Ribot, bailarina, coreógrafa e artista visual. Interveñen:
- Iñaki Martínez, director do Festival Plataforma.
- María José Ribot "La Ribot".
- Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago.

Compartir: