Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 5 de marzo

11.00 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán, organizado pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Sindo Guinarte para presentar o concurso de fotografía sobre iluminación enmarcado no proxecto de Smartiago "Compostela, onde a luz é arte", coincidindo co día Mundial da Eficiencia Enerxética. Na rolda tamén estará o director de Televés, Sebastián Pantoja.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18.30 h
No Teatro Principal, Os Monicreques de Kukas presentan a estrea de ‘Don Gaiferos’ dentro de Viva a escena!, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Amor e morte’, concerto do pianista Javier Perianes, dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage e do Programa de Abono do Auditorio de Galicia.

Compartir: