Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 17 de marzo

9.30 h
No Hotel Oca Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración do XIII Congreso Nacional de UGT.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a V Gala do Deporte. Na rolda tamén estará Manuel García Reigosa, membro do comité avaliador dos premios.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Parellas", de Xulio Maside.

13.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamento e cadro de persoal do concello para o ano 2021.

Compartir: