Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes, 9 de febreiro

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén unha videoconferencia co Secretario Xeral de Axenda Urbana e Vivenda, Francisco David Lucas Parrón.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; acompañado da concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón; e do técnico responsable de Emprego, Javier Ferreiro, presentan a xornada de divulgación "As Ciencias. As nenas. As ciencias escríbense en feminino", que se celebará o próximo 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coas asociacións de comerciantes, Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela.

Compartir: