Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de febreiro

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da sesión.
2. Aprobación do convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o Concello de Santiago de Compostela e a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA (TUSSA) para a ordenación da xestión da explotación da estación de autobuses de Santiago de Compostela.
3. Aprobación do expediente de crédito extraordinario número 2021-CREXT-01 de importe 57.198,00 euros, financiado con baixas por anulación.
4. Dación de conta da remisión ao Consello de Contas das contas da Fundación Eugenio Granell correspondentes ao exercicio 2019.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na Comisión executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Compartir: