Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 30 de xullo

12.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenios de colaboración coas asociacións de comerciantes Em Rede, Punto Compostela, Santiago Centro e Compostela Monumental para o desenvolvemento do programa de reactivación das compras mediante a entrega de bonos de aparcadoiro, no marco do Plan municipal de reactivación económica para paliar os efectos económicos adversos derivados da crise sanitaria ocasionada pola covid-19. (Declaracións ao remate da sinatura. Enviarase audio).

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 25 de xuño de 2020.
2.- Aprobación do sistema de votación nominal para a adopción dos acordos da sesión.
3.- Renuncia de D. Rafael Peña Vidal.
4.- Renuncia de D. Martiño Noriega Sánchez.
5.- Ratificación de inclusión do punto número 11 na orde do día, para ser tratado na sesión.
6.- Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM en execución das sentenzas anulatorias do polígono 11. Castiñeiriño.
7.- Aprobación definitiva do Estudo de detalle para a dotación da accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.
8.- Aprobación inicial do expediente de modificación de crédito mediante crédito extraordinario número 2020-CREXT-08, por importe de 6809,16 euros, financiado con baixas por anulación e recoñecemento de débedas.
9.- Aprobación inicial do expediente de modificación de crédito mediante crédito extraordinario número 2020-CREXT-09, por importe de 50000 euros, financiado con baixas por anulación.
10.- Aprobación inicial do expediente de modificación de crédito mediante crédito extraordinario número 2020-CREXT-10, por importe 44074,31 euros, financiado con baixas por anulación.
11.- Aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario 2020-CREXT-11 por importe 370.500,00 euros financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019.
12.- Aprobación da modificación da base núm. 30 das bases de execución do orzamento.
13.- Aprobación do convenio en materia de xestión catastral entre a Secretaría de Estado de Facenda-Dirección Xeral do Catastro e o Concello de Santiago de Compostela.
14.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular, para a adopción de medidas de apoio urxente ao colectivo de comerciantes de Área Central.
15.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG, para facilitar a reorganización da xestión dos comedores escolares para a prevención da COVID-19.
16.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta, para crear unha comisión encargada de determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento.
17.- Dar conta do informe anual de queixas e suxestións correspondente ao ano 2019.
18.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
19.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Compartir: