Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de xuño

11.15 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fai un percorrido por varias rúas da cidade con motivo da celebración da festa do comercio local, Prima 20.
Punto de encontro: Montero Ríos con Xeneral Pardiñas.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na visita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da USC, Antonio López Díaz.
NOTA: declaracións aos medios ao remate da visita, previsto para as 12.30 h., no hall do CiMUS (Campus Vida. Avenida de Barcelona s/n. Santiago de Compostela). Enviaranse imaxes.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinaria e ordinaria dos días 14 e 28 de maio, e extraordinaria do día 13 de xuño, todas deste ano 2020.
2.- Aprobación do sistema de votación nominal para a adopción dos acordos da sesión.
3.- Ratificación de inclusión do punto número 4 na orde do día, para ser tratado na sesión.
4.- Proposta da alcaldía de aprobación de adhesión do Concello de Santiago de Compostela á "RED DE ENTIDADES LOCALES PARA LA AGENDA 2030", impulsada pola FEMP.
5.- Proposición do grupo municipal do BNG para crear un servizo municipal de asesoramento, orientación laboral e apoio LGBTI.
6.- Proposición do grupo municipal de CA para a peonalización da Praza de Mazarelos.
7.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular para transparentar, obxectivar e racionalizar a contratación pública.
8.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular sobre a creación de prazas de aparcamento exprés gratuíto na zona hora.
9.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva das ordenanzas fiscais número 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público e 3.24 da taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público local.
10.- Dar conta do estado de execución do orzamento correspondente ao primeiro trimestre do presente ano.
11.- Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de data 8 de xuño de 2020 (sentenzas e resolucións xudiciais).
12.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13.- Rogos, preguntas e interpelacións.

PRIMA20
12:00 a 20:00 h. Na praza Roxa, obradoiros de ourivaría, repuxado de prata e talla de acibeche.
12:00 h. En Área Central, Trío Refugallo: "Ritmo Refugallo" (teatro).
12:00 h. Na Alameda, Martín Camiña e Fani Triana: "Asombros a dúo" (maxia).
18:00 h. Na praza da Mercé (Conxo), Trío Refugallo: "Ritmo Refugallo" (teatro).
18:00 h. Na Colexiata de Sar, Rilo & Penadique: "O pozo das señoras" (narración oral e música).
18:00 h. No parque de Eugenio Granell, Galeatro: "Muiñada" (teatro).
18:00 h. En Área Central, Fantoches Baj: "Os romeiros do caracol" (monicreques e música).
18:00 h. No Ensanche, Brassica Rapa (pasarrúas).
21:00 h. Na praza da Quintana, David Regueiro Trío (música).

19.30 h
Na Librería Couceiro, presentación do número 2 da revista Mazarelos.

Compartir: