Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 7 de novembro

11.30 h
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na inauguración e benvida aos/ás participantes nas Xornadas de Ilustración Urbana que este ano se celebran on-line.
NOTA: Os e as interesadas poden seguir o acto por Zoom tras inscribirse na páxina web https://xornadasdeilustracionurbana.com/.

12.30 h
No "Xardín das pedras que falan" (xardín do Colexio de Fonseca), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de colocación da pedra en homenaxe a Salvador García-Bodaño. Tamén asisten o propio artista, o reitor da USC, Antonio López; Suso de Toro, promotor da iniciativa; e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.

34ª edición de Cineuropa
En varios espazos da cidade. Consultar programación en cineuropa.gal

Compartir: