Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 19 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Sindo Guinarte, para presentar a páxina web do grupo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, MiiC na Rúa. Á rolda tamén asistirá a comisaria da mostra, Matilde Rodríguez.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, e de Xavier Freire, representante da Cámara de Comercio, para presentar a convocatoria da XXI edición do premio Manuel Beiras.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

15.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no webinario "Rethinking The City: How Mayors Respond to the Needs of a Post-COVID City", organizado por Global Parliament of Mayors.

19.00 h
No CSC de Santa Marta, concerto do Quinteto de Metais da Banda Municipal de Música de Santiago, dentro do ciclo ‘A Banda nos Centros Socioculturais’.

19.00 h
En San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro de Suso de Toro "Un señor elegante".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘The Kid’ de Charles Chaplin coa música en directo da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Timothy Brock. Dentro da 34ª edición de Cineuropa.
NOTA: Será posible seguir o concerto por streaming no Youtube e Facebook da Real Filharmonía de Galicia.

34ª edición de Cineuropa
En varios espazos da cidade. Consultar programación en cineuropa.gal

Compartir: