Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 28 de febreiro

10.45 h
No IES Antón Fraguas (Fontiñas), a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, asiste á actividade de sensibilización e prevención da violencia de xénero dirixida á mocidade programada polo Departamento en varios institutos. Na sesión proxectarase unha peza audiovisual elaborada por Jaione Camborda que se difundirá a través das redes sociais.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Circular), ROLDA DE PRENSA de presentación da xira internacional de concertos da Real Filharmonía de Galicia por Austria. Participan: Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Sabela García, directora técnica da RFG; e Pablo González, director da RFG nesta xira.

19:00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega de medallas do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, no marco da celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Pablo González, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia ás 20.30 h.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Iberia", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Pablo González xunto á pianista Claire Huangci e cantaora María José Pérez. Enmarcado dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage e do Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia, no concerto interpretan obras de Albéniz, Arriaga e Manuel de Falla.

Compartir: