Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 11 de outubro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira, e cos demais membros do Consello de Administración.

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto; e o director de Galicreques, Jorge Rey, para presentar a edición XXIV do festival, que se celebra do 12 ao 20 de outubro.

11.30 h
No Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 16), ROLDA DE PRENSA de presentación da web outlet do pequeno comercio de Santiago, OutletSantiago.gal. Asisten: Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago; Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia; Eva López, presidenta da Rede de Iniciativas Empresariais Em-Rede; e José Mª Fernández, presidente de Santiago Centro, Área Comercial.

13.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director de Unión Fenosa Distribución Galicia, Julio Gonzalo García.

20.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, asiste á Gala de entrega dos premios Enreguéifate 2019.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Chévere presenta "Curva España" dirixida por Xron e protagonizada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco. Ao remate, #posfuncion co elenco.

Compartir: