Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 14 de outubro

11.30 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, recibe un grupo de peregrinos e peregrinas da Fundación También.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de Circo de Pulgas, o novo espectáculo de Matarile Teatro, dirixido por Ana Vallés e con Mónica García, Nuria Sotelo, Celeste González, Ricardo Santana, Óscar Codesido e a propia Vallés no equipo de intérpretes. Entrada a 10 euros con descontos do 50% para diferentes colectivos.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto do Grupo Instrumental Siglo XX no marco das Xornadas de Música Contemporánea 2017. O programa do recital céntrase no traballo de autores galegos como Paulino Pereiro, Antón de Santiago, Manuel González, Manel Rodeiro e Jesús González, de quen o conxunto interpreta unha estrea absoluta.

FESTIVAL GALICREQUES
13.00 h
Na Alameda, ruada: Xigantes e Cabezudos. Con saída da Alameda e percorrido pola praza do Toural e a praza das Praterías para rematar na praza de Mazarelos.
18.00 h
Na SGAE, a compañía Títeres Larderos representa Historia de cómicos y titiriteros de Cuenca. Un espectáculo para público a partir de tres anos.
19.30 h
No CSC de Santa Marta, a Compañía IO presenta Contiguo, un espectáculo de acrobacia e danza para todos os públicos, dirixido por Natalia Outeiro e con Álvaro Pérez Fidalgo e Álvaro Reboredo en escena.

Compartir: