Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 20 de xuño

10.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presenta a IV edición do Galicia Maker Faire.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; do director da Banda Municipal de Santiago, Casiano Mouriño; e do director da Banda Municipal da Coruña, Juan José Ocón, para presentar o concerto que darán ambas bandas este xoves dentro das Xornadas de Música Contemporánea en conmemoracións dos seus 170 e 70 aniversario, respectivamente, e para celebrar o Día da Música.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, a alcaldesa en funcións, María Rozas, recibe as entidades sociais, profesionais e cívicas que forman parte da Mesa de Coordinación para a Acollida de Persoas Refuxiadas, con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. A continuación, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantén un encontro coas devanditas entidades no Salón Verde.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. Estará acompaña por representantes das asociacións Tempo con Xeito e Cidade Vella.

19.30 h
No Centro Xove da Almáciga, asemblea de diagnose da Zona Leste dos Orzamentos Participativos.

19.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, conferencia de Nicasio Gradaille, "A versión para piano de John Cage (1912-1992)", dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.30 h
Na Praza de Cervantes, "Silent Wifi Music Experience", concerto do pianista Javier Otero Neira que se poderá escoitar a través de 300 auriculares wifi movéndose libremente nun radio de 500 metros. Dentro das Xornadas de Música Contemporánea. (Os auriculares poden recollerse desde as 20.30 h na propia praza).

Compartir: