Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 17 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinan o convenio de colaboración para a cesión a título gratuíto dunha parcela e a construción nela dun centro de residencia de persoas maiores. Declaracións ao remate no propio salón verde. NOTA: os medios deberán traer micro e pé de micro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello, ROLDA DE PRENSA de presentación do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas. Asisten:
- Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela
- José Luis Nogueira, secretario xeral da Fundación Reina Sofía
- Mª Ángeles Pérez, directora xerente da Fundación CIEN
- Jesús Rodrigo, director executivo de CEAFA (Confederación Española de Alzheimer)
- José Luis Labandeira, investigador de CIBERNED e profesor da USC

12.00, 18.00 h e 20.00 h
Visitas guiadas ao Psiquiátrico de Conxo, Pazo de Ramirás-Colexio dos Irlandeses e Pazo de Raxoi, dentro da Semana do Patrimonio Invisible.

Compartir: