Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Ciclo de Lied. Tamén participan na rolda o presidente da Asociación de Amigos da Ópera, Jesús Couceiro; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cos representantes de Greenpeace Cecilia Carballo (directora de Programas), Celia Ojeda (coordinadora da área de Consumo) e Manoel Santos (coordinador de Mobilización). SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate (13.00 h, aprox).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o programa da Semana Cultural de Conxo.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no congreso ASELE 2018-Cursos Internacionias USC.

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións presenta ‘Commedia’, dirixida por Cándido Pazó e con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi. Represéntase de novo, 25 anos despois de se converter nun dos fitos do teatro galego.

Compartir: