Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar as actividades da Semana Europea da Mobilidade relacionadas coa Igualdade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

13.45 h
No Salón Nobre, recepción ás persoas participantes na XXXVII Reunión de Asociacións para a defensa do patrimonio cultural e natural-APATRIGAL.

18.00 h
No CIAC (Belvís), obradoiro de lectura de etiquetas: "Sabemos o que comemos?". A actividade está dirixida a público adulto. É de balde pero é preciso inscribirse.

19.00 h
No Centro Cívico de Conxo, Taller de Ciclismo Urbano, dentro da Semana Europea da Mobilidade.

19.00 h e 21.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste aos partidos da Supercopa Endesa 2018, que enfrontarán ao Barça Lassa e Kirolbet Baskonia ás 19.00 horas, e ao Monbus Obradoiro e ao Real Madrid ás 21.30 horas.

Compartir: