Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 14 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a campaña "Traballo digno no fogar e nos coidados". Na rolda estará a coordinadora da mesma, Carmen Castro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Música con Isabel María Rubio, directora da banda de Lalín, como directora convidada. Na rolda tamén participarán Isabel María Rubio e o director da BMMSC, Casiano Mouriño.

12.00 h
Na praza do Toural, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, visitan a carpa instalada con motivo do Día Mundial da Diabetes.

13.00 h
No Palacio de Congresos, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausura "Talentia 2018, Espazo aberto polo emprego".

18.00 h
Na Casa do Concello, recepción á Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia con motivo do Día Mundial da Diabetes.

19.00 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro "Las monteas del convento de Santa Clara de Santiago de Compostela". Asisten: Miguel Taín e José Calvo, autores da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Belén Fortes, da editorial Guiverny.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia coa proxección de "O gabinete do doutor Caligari", dentro do Programa de Abono e de Cineuropa.

Compartir: