Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar o II Encontro das mulleres do rural, dentro das actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

11.00 h
Na Asociación Área empresarial do Tambre, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste ao coloquio sobre a muller traballadora.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de presentación da 14ª MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Asisten:
- Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural.
- Jacobo Sutil, director do Agadic.
- Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña.
- Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego.
- Ana Estévez Lavandeira, directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do 21 de febreiro e extraordinaria do 7 de marzo, de 2019.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Solicitude de compatibilidade para actividade pública secundaria de profesor asociado do portavoz do grupo municipal Socialista.
4.- Aprobación definitiva da modificación puntual do PE-1 para a ampliación de usos no EM-9. Seminario Menor de Belvís.
5.- Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM e do PE-1 no ámbito da parcela EM-FE. Finca do Espiño.
6.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a inmediata licitación por parte do Ministerio de Fomento do enlace orbital e do enlace da N-550 para a conexión da AP-9, A-54 e as áreas empresariais de Santiago de Compostela.
7.- Proposición do grupo municipal do BNG, para cubrir de urxencia a baixa da praza da arquitecta encargada das licenzas de apertura e primeira ocupación.
8.- Dar conta do informe anual de queixas e suxestións correspondente ao ano 2018.
9.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Compartir: