Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 15 de febreiro

10.30 h
Na Sede da Asociación ASPAS, a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asiste ao acto de inauguración da XIII Xornada de técnicos, participantes e voluntarios Special Olympics Galicia 2020.

12.00 h
Na rúa Domingo García-Sabell, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de descubrimento da escultura de Domingo García-Sabell, organizado pola Irmandade da Sanidade Galega. Ás 12.45 h, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, asiste ao inicio da IX Asemblea Xeral da devandita entidade.

14.00 h
No Estadio de San Lázaro, o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, asiste á entrega de medallas do Campionato Infantil de Rugby.

17.00 h
Na praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asiste á concentración pola dignidade dos menores con discapacidade.

18.30 h
No Teatro Principal, Píscore e a Banda Municipal de Música presentan o "Concerto Con Fusión", dentro da programación familiar de "Á escena! Temporada de artes escénicas 2020" de Compostela Cultura.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Michel Camilo, única cita da súa xira en Galicia.

Compartir: