Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de outubro

11.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición A paisaxe e a súa pegada II, dentro do proxecto expositivo "Imaxinando Compostela". No acto tamén estarán Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler, fotógrafos participantes nesta exposición, xunto a Andrea Costas; Mercedes Rozas, comisaria da exposición; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de Exposicións do Consorcio

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde.

11.35 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a carreira de obstáculos O Camiño Race. Na rolda tamén estará o director da mesma, Manuel Blanco.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, para presentar a XII edición de Santiago(é)tapas.

20.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde asiste ao acto de celebración do XXV aniversario do Grupo Compostela de Universidades-GCU, no marco do Encontro Internacional de Reitores no Camiño.

Compartir: