Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de outubro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ramón Quiroga, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na sede da Asociación Hostelería Compostela (rúa das Salvadas, 29), o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, a vicepresidenta da Asociación Hostelería Compostela, Rita Sobrado, e o membro da directiva da Asociación, David Dopazo, visitan as probas de preseleción da XII edición de Santiago(é)tapas, que se celebran de martes 22 a xoves 24 na sede da Asociación e nas que un xurado especializado valida as tapas e cocteis inscritos. Os hostaleiros teñen que elaborar en directo as súas propostas e o xurado valora se cumpren coa calidade mínima para participar no concurso.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director de English Language Teaching (ELT), da Oxford University Press España, Christopher Wyburd.

13.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausura Talentia Summit’19.

20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL. Toda a información en amalfestival.com

Compartir: