Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 15 de outubro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Sorteo membros mesas electorais, con motivo das vindeiras eleccións xerais.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo, Flavia Ramil para presentar a participación de Turismo de Santiago nas principais feiras turísticas do mercado asiático: ITB Asia e Jata Osaka.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

13.15 h
Na Barcia, nas instalacións de Turismo de Galicia (S.A de Xestión do Plan Xacobeo), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Comisión executiva do Xacobeo.

18.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á Confederación Portuguesa de Comercio e á Confederación Española de Cascos Históricos.

19.00 h
Na Finca de Vista Alegre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Educación, Noa Díaz, visita a Escola Municipal de Música.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, asiste ao acto de entrega do I premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía.

Compartir: