Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 29 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e de Fredi Leis, que participa no concerto de peche das Festas do Apóstolo o día 31.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe os nenos e nenas saharauís que están a participar no programa Vacacións en Paz.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinarias do 15 e 28 de xuño e 15 de xullo, todas deste ano 2019.
2.- Aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela J4a02 do parque empresarial da Sionlla.
3.- Proposta do alcalde de adhesión do Concello de Santiago de Compostela ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación e a fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa "Concellos Doing Businnes Galicia".
4.- Proposta da concelleira delegada de economía e facenda, de aplicación da porcentaxe de minoración no recibo de recollida de residuos.
5.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, sobre o novo centro cívico da cidade vella situado nas Casas Reais.
6.- Proposición do grupo municipal do BNG para a creación do "espazo das nosas palabras".
7.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, sobre a continuidade do apoio á creación en artes visuais diante do inminente peche da zona "C".
8.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para a revisión e información pública do proceso de licitación do servizo de transporte urbano municipal.
9.- Dar conta da liquidación do orzamento correspondente ao exercicio de 2018.
10.- Dar conta da execución orzamentaria correspondente ao primeiro trimestre do ano 2019.
11.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva da ordenanza da ORA.
12.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva da ordenanza fiscal 3.16, taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.
13.- Dar conta de escritos dos grupos políticos municipais, designando representantes nas distintas comisións.
14.- Dar conta de resolucións da alcaldía, de designación de concelleiros en réxime de dedicación exclusiva, de designación de alcalde en funcións e de delegación de competencias.
15.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
16.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Compartir: