Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 31 de outubro

9.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega de trofeos do concurso de patrullas Tui - Santiago da BRILAT.

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación inicial da modificación de ordenanzas fiscais.
2. Aprobación inicial do Regulamento de organización e funcionamento da asesoría xurídica.
3. Proposta da alcaldía relativa ás dedicacións exclusivas dos membros da Corporación.
(NOTA: haberá streaming)

11.30 h
Na sede da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella (avenida de Lugo, 42), ROLDA DE PRENSA de presentación de resultados dos proxectos de emprego de Cruz Vermella en Santiago. Asisten: o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente comarcal de Cruz Vermella, José Luis Barreiro Conde; e a coordinadora da Asemblea da organización en Santiago, Rocío Ovalle.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar a 33ª edición de Cineuropa, que se celebra do 7 ao 28 de novembro. Na rolda participan tamén a directora do festival, Laura Seoane; o coordinador de programación, Javier Trigales; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o director de AGADIC, Jacobo Sutil.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á exposición Fragmentaria, do artista Jose Perozo.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Brahms, sempre coa RFG’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixido por Michail Jurowski e con Ellinor D’Melon ao violín.

Compartir: