Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de outubro

10.30 h
No Recinto Feiral de Amio, inauguración da 5ª edición do Salón VO Vehículo de Ocasión.

10.40 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Educación, Noa Díaz, recibe os nenos e nenas do Colexio Público de Educación Especial A Barcia.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia, dirixido a escolares.

11.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe os alumnos e alumnas do Colexio San Jorge.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López; da directora da 33ª edición de Cineuropa, Laura Seoane; e do coordinador de programación, Javier Trigales; para presentar as liñas mestras, imaxe e equipo da nova edición de Cineuropa.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, solta de globos con motivo do remate da peregrinación da Fundación A La Par, de persoas con discapacidade intelectual. Asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago, Luis Menéndez.

14.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na ROLDA DE PRENSA con motivo do 30 Aniversario da España Verde.

20.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de inauguración do evento "Un mar de grazas", no que máis de 60 empresas do Camiño Fisterra - Muxía amosarán os seus recursos.

20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL. Toda a información en amalfestival.com

Compartir: