Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 3 de decembro

10.00 h
En San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao XII Pleno de Comunidades Galegas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar a actividade Divernadal, organizada polo Pazo de Congresos. Na rolda tamén estará Francisco González, responsable da empresa RGM Eventos, coordinadora da actividade.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto "Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade", con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Darase lectura a un manifesto por parte de Down Compostela, Fegadace, Aspamite, Aspanaes, Acem, Fegadem e Sarela.

12.30 h
No Salón Amarelo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de recepción da pintura conmemorativa en lembranza do ex-alcalde José Germán Fernández.

12:45 h
No Salón de Plenos, a concelleira de Economía, Marta Abal, recibe o alumnado da materia de Economía do IES Xelmírez I, que escenificarán un pleno sobre orzamentos.

Compartir: