Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 17 de decembro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén unha xuntanza co reitor, Antonio López. (Declaracións ao remate: 10.45 h, aprox.)

11.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos responsables da organización da Peregrinación Europea da Xuventude.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar a Cabalgata dos Reis 2020. Na rolda tamén estarán Xaime López Villar, coordinador artístico da mesma; Beatriz Viñal González; da Escola de Danza Mandala; Leodán Rodríguez Casas, da compañía de danza "Can Cun quin qué"; e María del Carmen Pérez Doval, da asociación de veciñas de Laraño.

20.00 h
No CGAC, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á Gala de entrega de premios do XII Santiago(é)Tapas e I Santiago(é)Cóctel.

20.00 h
En Afundación (rúa do Vilar, 19), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de entrega do Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico 2019 a Montserrat Dopico Fernández.

Compartir: