Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 5 de setembro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, para presentar a convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios nas Áreas de Rehabilitación Integral do Concello: Casco Histórico, Vista Alegre, Pontepedriña e Vite.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, CITIUS, co seu director científico, Senén Barro. (Campus Sur. Rúa de Jenaro de la Fuente Domínguez).

13.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da sesión.
2.- Toma en coñecemento do escrito de renuncia de D. Agustín Hernández Fernández de Rojas ao cargo de concelleiro.

Festival HerDanza
19:00 – ESPECTÁCULO NO PARQUE – Entrada a Bonaval
«DANZA LÍQUIDA» – Rebeca Ponte e Carlota Pérez
20:00 – ESPECTÁCULO NA RÚA Igrexa das Ánimas
«ALL THE WORLD IS A STAGE» – Cía Schattenidentität
22:00 – PROXECCIÓN – Casa do Matadoiro
«DER GRÜNE TISCH» (La mesa Verde)

Compartir: