Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de xullo

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Proposta da concelleira delegada de economía e facenda de aprobación do expediente de suplemento de crédito número 2019-SUPLE-03 e expediente de crédito extraordinario número 2019-CREXT-05.
2.- Proposta da concelleira delegada de economía e facenda de aprobación do expediente de suplemento de crédito número 2019-SUPLE-04.

11.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no Pleno da Comisión organizadora do Xacobeo 2021.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Sindo Guinarte, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Manuel Muñoz Mompó, coronel xefe do aeródromo militar de Santiago.

Compartir: