Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 8 de novembro

9.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na inauguración da X Xornadas Arquitectura e Deseño, organizadas polo Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia.

11.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Xabier Mouriño, asinan o convenio de colaboración para o financiamento do Bacharelato Internacional.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta, Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Galería Sargadelos, dentro do 4º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada, inauguración da exposición "Postales desde…". Nútrese de máis de 150 postais debuxadas que enviaron os participantes do pasado ano desde todas as partes do mundo e que serán postas á venda. A recadación destinarase á Aula Hospitalaria do Clínico.

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co profesor José Rivas, director fundador do Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía.

15.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do XVI Congreso nacional da Asociación Española de Fisioterapeutas.

16.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa no acto de inauguración das Xornadas de Ilustración Urbana, dentro do 4º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada.

Compartir: