Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de novembro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe os membros da Comisión cidadá creada para impulsar o Xardín Botánico de Compostela e que está formada polo Ateneo de Santiago, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

13.00 h
No Museo das Peregrinacións, sesión de apertura do 4ª Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada, onde tamén se inaugurará a mostra Simplemente Santiago. Pola tarde os/as participantes estarán debuxando na rúa do Vilar.

20.00 h
No Teatro Principal, inauguración da 33ª edición do festival Cineuropa e entrega do premio a María Vázquez. Asisten o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e a directora do certame, Laura Seoane.

Compartir: