Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Concello de Lugo (no Vello Cárcere), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Poíticas de Igualdade, Noa Díaz, asisten ao acto de sinatura do convenio de colaboración entre concellos "En negro contra as violencias", dentro dos actos con motivo do 25N, Día internacional contra a violencia de xénero.

21.00 h
Na Igrexa da Universidade, a concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, asiste á representación da peza de danza Ophelia, dentro dos actos con motivo do 25N, Día internacional contra a violencia de xénero.

21.00 h
En San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á cea solidaria organizada por Cáritas Diocesana.

Compartir: