Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de novembro

11.00 h
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, ROLDA DE PRENSA de presentación dos actos da campaña Compostela en Negro con motivo do 25N, Día internacional contra a violencia de xénero. Asisten: Noa Díaz, concelleira de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, e José Fernández Alborés, presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
NOTA: haberá un bus a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h da praza do Obradoiro e volverá a este punto unha vez remata a rolda no Polígono.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

Compartir: