Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 29 de outubro

10.00 h
En Xoán XXIII, a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa no pistoletazo de saída da 44ª Carreira Pedestre Popular. Ao remate (12.30 h aprox), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na entrega de premios.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Municipal de Música de Compostela co programa ‘Dende o ecosistema do son’. David Fiuza dirixe a formación musical neste recital que conta coa participación de Sergio Manteiga como trombón solista.

20.00 h
No Teatro Principal, II Festival de Poesía Nova de Compostela ‘Luz Poética’. Andrea Nunes, Nuria Vil, Arancha Nogueira, Lúa Mosquetera, Tamara Andrés, Diana Kurich e María Lado recitan autoras da poesía galega.

Compartir: